lunes, 3 de marzo de 2008

Qué feitiña é a nosa felicidade!!!!!




Este libro lévao escribindo a nosa abuela ó longo de toda a súa vida.

Según ela: “Eu fun feliz porque comprendín a vida, grhacias a Dios súpenme ir adaptando –non coma outros.”

A súa nai chamouna coma algo que todos e todas andamos na súa procura.

Eu mesma ségoa buscando (son unha das súas netas)... ás veces non me dou conta da sorte que teño- e que temos- todos os que vivimos ó seu carón.

Ela é así: humilde, traballadora, responsable, pesada(de carácter), faladora, cariñosa, arisca, moi ordenada, festeira...

Ela é ela: non hai outra (ou de momento...)

Vive feliz sen maquillarse, sen ciruxía estética, sen apenas xoias que lucir...

Din que as mellores relacións son as de amor-odio (bueno, o dicían nunha película de esas).

Eu moitas veces a teño odiado, a verdade é que cústame ser sincera pero éche así. Moitas veces teño chorado e teño discutido temas moi actuais con ela.

Sempre quere levar a razón xa que non quere dar nada por feito.

Aberta podería ser o seu apelido, pero ela apelídase Marzoa, din que quedan poucos...

Con esta "publicación" non pretendo darlle a razón de nada nin a ela nin a ninguén, nen sequera facerlle a“pelota” por nada.

Simplemente quero cumplir unha desas promesas que se van facendo de palabra e non de feitos, partindo do dito:


nesta vida hai que ter un fillo, prantar unha árbore e... que non se perda a memoria porque as palabras: lévaas o vento.

Só lle faltaba esto por cumplir. Xa que ela non me quere escribir!!!

E, a verdade ,é que encantaríame que ela mo puidese ler en en alto coma fixo onte co libro do Principito ou fixo tantas veces co xornal rindo a cachón polas noticias que pasan no mundo (outras veces rindo de peniña).

Ogallá mo sigas lendo así de ben!!! Sei que non me queres nada.

Sei que nesta vida o único importante é traballar

O único que non sei é se che gustará este agasallo tantas veces prometido e tampoucas veces escrito.

NINGUÉN ABRAZA COMA TI GHUAPAAA!!!

“Tócate los huevos!!!”

No hay comentarios: