lunes, 3 de marzo de 2008

Entrevista coa nosa Felicidade


XORIMA:Que lle contarías ó teu bisneto/a??


ELA:Qué che vou dicir, qué ten que ver. Terei que aprender a falarlle, tamén terá que aprender a falar primeiro él. Geremías de Pilatos, geremías é nombre... chamaríao retrasao por vir tarde... que sea un pouco máis ordenada, calcetíns por aquí que non os pós.

Vou quentar o leite para tomar.


XORIMA:Onde empezáches a traballar??


ELA: Na ponte, na casa dos pertegheiro nas leiras, co ghando a poñer patacas, seghalo millo... eu que sei.

Son cousas que non me acordo. (aghora que me acordo hoxe é domingo... ) Se había baile, ó pouco tempo fun ó pueblo a traballar... pa casa dos pais do médico Don Francisco,Doña Eulogia, Doña Paula,


XORIMA:Qué facías alí??


ELA:Había que facer as camas, planchar, limpar a louza da cociña. Ata as catro da mañán, os estudiantes iban pa a cama.


XORIMA: Viñas ti sola?


ELA:Vivía alí con eles. Estiven alí tres anos. Salín de alí pa casarme.


XORIMA:O Abuelo: Era bo de todo, guapo??


ELA:Era como lle cadraba (malacona que o pariu ó hervidor). Se non fora traballador non cheghaba onde está.

Boa persoa. 24 anos cando casei, e él 21. o 18 de Xullo, no ano 48, xa pasamos os 50.


XORIMA: O botas de menos??


ELA:Qué fagho se o boto de menos aínda que falte? Non fagho nada.

2 comentarios:

Xai dijo...

Moi guapa a entrevista!

Segue así que se non non teremos recordos fiables dela

Xai dijo...

historia viva

cada vez que o leo gústame máis